16 mortos, 65 feridos e 12.000 evacuados nun terremoto de 7 graos no Tíbet
Derrubou máis de 300 vivendas e provocou desprendementos, , problemas de comunicacións e cortes de electricidade
Os equipos de rescate buscan posibles superviventes entre os cascallos.
Polo menos 16 persoas morreron e máis dunha trintena quedaron feridas despois dun tremor de magnitude 7 na rexión autónoma do Tíbet controlada pola China. É o tremor máis potente rexistrado no país desde xaneiro de 2024.
As cámaras de seguridade de moitos comercios captaron os momentos de pánico que se viviron.
O tremor rexistrouse pasadas as dez e media da noite hora local, catro e media da tarde, hora galega.
O foco sísmico situouse a só dez quilómetros de profundidade, polo que puido sentirse con bastante forza na superficie.
O epicentro localizouse no municipio de Maru, a uns 400 quilómetros ao noroeste da capital tibetana, Lhasa. É unha zona de gran altitude e poboación dispersa.
O tremor derrubou máis de 300 vivendas e obrigou a evacuar preto de 13.000 persoas. Os equipos de rescate buscan posibles superviventes entre os cascallos.
Tamén provocou cortes de electricidade, problemas de comunicacións e desprendementos.
Ata esta madrugada, os sismólogos rexistraron máis de 400 réplicas, a maior de magnitude 4,3.
A natureza volve cebarse co Tíbet, tras a xigantesca riada que o arrasara en agosto.