Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para o detido en Cangas pola morte dun home nun edificio ocupado

Prisión provisional para o detido en Cangas pola morte dun home nun edificio ocupado

Ingresa na cadea investigado por homicidio

A policía atopou o arrestado e a vítima pelexando

 

G24.gal 26/10/2026 18:12

A xuíza da praza 2 do Tribunal de Instrución de Cangas, en funcións de garda, acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido esta fin de semana pola morte doutro home nun edificio ocupado. Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o home está investigado por homicidio.

Segundo trasladou a Policía da localidade, recibiron unha chamada ás 22:15 horas do sábado en que se alertaba dunha pelexa nun edificio ocupado da rúa Atranco. Ata alí desprazouse unha patrulla, que descubriu dous homes pelexando no interior do inmoble e cubertos de sangue. Ambos superaban os 50 anos.

Tras separalos e prestarlles asistencia sanitaria, un deles acabou perdendo a vida. Finalmente, a Garda Civil detivo o home, pasando este luns á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade