Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pozos secos no Vicedo ás portas de novembro

Pozos secos no Vicedo ás portas de novembro

Moitos veciños quedaron sen auga e están a recibir subministración a través de carrocetas que envía o Concello

G24.gal 26/10/2026 14:37

Os problemas derivados da falta de auga son unha constante en varias aldeas do Vicedo. Din os veciños da zona que non lembran un ano tan seco.

Moitos mananciais secaron, tamén hai pozos particulares que achicaron e isto deixa vivendas e mesmo negocios sen subministración de auga.

Os voluntarios de Protección Civil acudiron este luns a descargar máis de dous mil libros nos depósitos dunha explotación gandeira da parroquia de Cabanas. A descarga é rápida, pero a solución non, porque cada viaxe é só un parche despois dun verán que deixou a comarca ao límite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos