Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un mozo en Carballo despois de intentar agredir a policía

Deteñen un mozo en Carballo despois de intentar agredir a policía

Intentou roubar nunha obra e forzar unha furgoneta

Despois amosouse agresivo e chegou a lle lanzar unha serra a un axente

G24.gal 26/10/2026 14:35

O detido é un mozo de apenas 16 anos, veciño de Arteixo e con numerosos antecedentes policiais por feitos semellantes. Foi prendido esta fin de semana en Carballo por roubo con intimidación e ameazas graves a un axente cunha arma branca a plena luz do día.

Ao parecer, o detido intentou roubar cable de cobre nunha obra, polo que foi interceptado e identificado pola Policía Local de Carballo. Apenas dúas horas despois, foi sorpendido cando intentaba forzar unha furgoneta. Amosouse agresivo e ameazante, e chegou a lanzar unha serra contra un dos axentes.

Unha vez reducido, a Policía Local de Carballo trasladouno ao cuartel da Garda Civil, que asume a investigación do sucedido.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade