Ingresa en prisión un home detito tras a vaga de roubos en bares da Coruña
Tres locais foron sufriron atracos na madrugada do domingo
Para acceder aos locais o ladrón empregou tapas de sumidoiros
As imaxes captadas pola cámara de seguridade do bar Forum da Coruña foron fundamentais para identificar o ladrón que entrou no local o domingo de madrugada. Utilzou unha tapa dun sumidoiro. O home estivera no establecemento había uns días e as camareiras lémbranse del.
"Hai quince días estivo na terraza, pediu unha consumición e escapou correndo".
A propietaria conta que, debido aos roubos na zona, xa non deixara cartos no local.
"Xa presentíamos que podían entrar aquí". "son moitos roubos, a xente ten medo", di a dona.
A mesma noite outros dous establecemtos da cidade foron vítimas de atracos semellantes. No Berry entráronlle dúas veces en catro días. En todos os casos utilizaron o mesmo metodo para acceder ao interior.
"A primeira vez eran dous, desta veu el só. Custoulle entrar porque fixo un furado pequeno, pero conseguino".
"Na primeira vez levou unha lata de patacas e desta unha botella, é máis o mareo", di Javier, o dono do establecemento.
Ás poucas horas, a Policía Nacional detiña un home.
"O mesmo que entrou en Don Churro, a mesma que entrou en Parque Europa e a mesma que lle tirou un tiro a unha muller que tivo que estar no hospital, segundo me confirmou a Policía". "Parece que leva pouco na cidade pero estase facendo notar", relata, Javier.
A xuíza decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianaza do detido, por tentativa de roubo con violencia. O home ten outras causas abertas.