Publicador de contidos

Publicador de contidos

A escaseza de auga mantén en alerta 32 concellos da Coruña e Pontevedra

A escaseza de auga mantén en alerta 32 concellos da Coruña e Pontevedra

As parroquias afectadas polos cortes de auga en Santa Comba comezaron a recuperar a sumbministración

G24.gal 26/09/2026 14:21

Cambiamos de estación, e a situación dos nosos ríos segue sendo a mesma. Sen precipitacións, algúns caudais atópanse moi baixos e nalgúns concellos hai cortes de subministración. En Sata Comba, a auga comezou a regresar ás parroquias afectadas, pero a situación segue sendo delicada, malia os camións cisterna que mobilizou o Concello para compensar a falta de auga captada no río.

"Agora parece que con este corte fomos recuperan algo os depósitos e imos aguantando, esperando que esta noite ou mañá chova", explica Caros Turnes, gandeiro e concelleiro de Medio Ambiente en Santa Comba.

"Grazas ao alcalde que puxo camións con cisternas ímonos amañando ,pero a situación está crítica", di un veciño.

"Hai xente que ten pozos. O noso non podemos utilizalo porque a pouca auga que ten está contaminada", indica un gandeiro.

En Carballo, a imaxe do río Anllóns fala por si mesma. É un dos trinta e dous concellos da demarcación Galicia-Costa en situación de alerta por escaseza de auga. "Practicamente podes andar polo río sen mollarte", describe un veciño.

A ocupación dos encoros apenas supera o 52%. Son case catorce puntos menos que hai xusto un ano. Como en moitos outros concellos, aquí suspenderon a limpeza das rúas con auga potable e os regos nos xardíns e nas zonas verdes. Tamén houbo un chamamento ao consumo responsable.

A ausencia de chuvias obrigou á Xunta a declarar situación de seca prolongada as unidades do Ulla-Tambre e da Costa Norte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade