Publicador de contidos

Publicador de contidos

A levada permite combater a seca dos eidos desde hai séculos en Oia

A levada permite combater a seca dos eidos desde hai séculos en Oia

É un sistema de regadío comunal que colle auga no río Tamuxe 

Os veciños encárganse do seu mantemento e de facer o reparto horario para que ninguén quede sen auga

G24.gal 20/09/2026 14:35 Última actualización 20/09/2026 14:58

En Burgueira, unha parroquia de Oia, os veciños reparten a auga de regar de xeito mancomunado desde hai séculos. Cada día tócalle a un barrio e cada casa ten o seu horario. Así conseguen que veráns de seca coma este ninguén quede sen horta nin millo. 

Ninguén recorda que tempo ten a levada, un sistema de regadío que colle auga no río Tamuxe e a reparte polos eidos de Burgueira. Cada ano ao chegar o San Xoan a veciñanza xúntase para limpar o rego que os abastece. 

"O rego leva feito non se sabe cantos séculos. O traballo que facemos cada ano é limpar este rego que hai. Desde pequeniños vai empezando a xente, e unha vaille ensinando a outra. Falo desde pequena" conta a señora Carme, a de máis idade que segue limpando a levada. 

O calendario de regadío respéctase escrupulosamente e cando alguén non abre o caneiro na súa hora perde a vez.  

"Tápase, métenselle uns terróns e non se deixa ir a auga cara abaixo. Bótala para a túa leira para regar", explica Camilo

"Cando vimos facer o rego faise un sorteo con dous paus, un máis grande e outro máis pequeno. O que saca o grande tena o primeiro domingo e o que saca o pequeno tena o segundo", conta Carme Alonso

"Á nosa casa tócalle o sábado, cada quince días"

"Cada día hai tres cuartos horarios: o da mañá o do mediodía e o da noite. E empeza o da mañá cando nace o día

Ao longo do verán hai que facer o mantemento para que non escape a auga.

"Hai un buraco aquí! Hai que meterlle terróns para taponalo e listo!

"Os que ían a regar viñan polo rego adiante tapar os caneiros que facían os ratos e as toupas. A xente relacionábase e contaban historias"

Coa seca deste ano a tradición mantense pero cada vez queda menos xente na parroquia que teña ansia do seu regadío. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade