Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ensilado do maínzo adiántase case un mes por mor da seca

O ensilado do maínzo adiántase case un mes por mor da seca

Os gandeiros asumen que terán unha mingua de miles de quilos por hectárea cultivada

A escaseza de precipitacións neste setembro pode prexudicar a sementeira das praderías

G24.gal 19/09/2026 14:12 Última actualización 19/09/2026 14:45

Nas comarcas gandeiras levan días con moito movemento de tractores e camións cargados de maínzo picado para ensilar.

"Depende da proximidade das leiras e da produción que dean. Canto máis cerca estean más barullo hai no silo, pero máis axiña se acaba. Nun silo coma este poden vir catro ou cinco viaxes xuntas que non pasa nada", explica Víctor Lavandeira, socio da gandería Os Loureiros.

Nesta gandería de Vimianzo teñen 1.300 cabezas de gando e o millo forraxeiro é o principal alimento das vacas. Outros anos empezaban co ensilado a última semana de setembro. Este ano adiantaron a colleita tres semanas porque o cereal xa estaba seco. Contan con rematar a semana que vén.

"A nivel económico supón unha mingua debido a que a produción non é tan óptima. Estamos pendentes de analíticas para saber a porcentaxe de amidón que ten o ensilado, e todo o que lles achega aos animais. Máis ou menos haberá unha mingua de 10.000 quilos por cada hectárea", calcula Celestino Pose Velasco, xerente da gandería Os Loureiros.

É unha cifra considerable tendo en conta que, entre terreos propios e alugados, cultivan 270 hectáreas. A ausencia de precipitacións desde a primavera é probable que prexudique tamén os seguintes cultivos.

"Afecta porque nós despois de recoller o millo sementamos as praderías, pero ao haber tanta seca é probable que a herba naza pero morra, así que non se pode sementar a herba agora. Temos que esperar", explica Celestino Pose Velasco, xerente da gandería Os Loureiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade