Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasan de ter 20 ovellas a máis de 500 en só 5 anos en Monterroso

Pasan de ter 20 ovellas a máis de 500 en só 5 anos en Monterroso

Un mozo de 26 anos e a súa parella de 22 apostan pola gandería ovina e crean unha granxa de ovellas no lugar de Ansar en Monterroso

G24.gal 27/10/2026 14:49

Nuns tempos en que cada vez hai menos relevo xeracional e a aposta polo rural se fai tamén cada vez máis complicada, Álex e Yoli, dous mozos de Monterroso de 22 e 26 anos, desafiaron a realidade e en apenas cinco anos fixeron medrar a súa explotación ovina a un ritmo case de récord: pasaron das 20 ás 550 ovellas.

Confesan os atrancos no camiño, a case rareza de criar ovellas, a falta de axudas, a prol do sector vacún, a necesidade aínda de complementar con outro traballo noutra granxa que non é deles. Porén, mentres levan as súas a pacer, miran o horizonte co reto de, por que non, dobrar a cifra das actuais 550. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade