Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e o Concello de Sanxenxo asinan un convenio para construír 350 vivendas

A Xunta e o Concello de Sanxenxo asinan un convenio para construír 350 vivendas

O 80 % das vivendas que se van construír na parroquia de Vilalonga serán de carácter protexido

G24.gal 27/10/2026 14:17

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este martes un protocolo de colaboración co concello de Sanxenxo para a cesión de solo municipal na parroquia de Vilalonga para construír 350 novas vivendas, o 80 % delas protexidas. Son 85.000 metros cadrados de superficie que o concello lle mercou hai uns meses á Sareb cun préstamo da Xunta a xuros cero para responder á falta de vivenda pública en Sanxenxo.

A parcela ten na contorna servizos comerciais, deportivos e hostaleiros, conectados coa Autovía del Salnés; unha zona onde a crise do 2008 paralizou obras e investimentos. Agora a Xunta declara esta zona Proxecto de Interese Autonómico para desbloquear o solo e axilizar os trámites para a construción de pisos.

"Será como unha nova cidade, máis de mil persoas que van vivir aquí, ir ao supermercado, aos bares, etc", dixo Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, quen destacou "a importancia deste proxecto como motor económico da parroquia de Vilalonga".

Alfonso Rueda puxo en valor o "esforzo" das dúas administracións para responder á necesidade que ten Sanxenxo de aumentar a oferta de vivenda accesible destinada a primeira residencia. O presidente da Xunta tamén reivindicou a política de feitos en Galicia nesta materia.

"Esta é a maneira que temos na Xunta para intentar solucionar o que agora é o maior problema para moitísima xente. Outros seguirán coas súas teorías, pero de ladrillo moi pouco", afirmou Rueda.

A este proxecto súmanse as dúas parcelas situadas na parroquia de Noalla e na céntrica rúa das Cunchas, cedidas anteriormente de balde polo concello, en que está prevista a construción de 65 vivendas de promoción pública, incluíndo pisos destinados a alugueiro residencial para menores de 36 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos