Publicador de contidos

Publicador de contidos

O metal de Lugo deconvoca a folga tras lograr unha suba salarial do 18 % en catro anos

O metal de Lugo deconvoca a folga tras lograr unha suba salarial do 18 % en catro anos

O acordo alcanzado suporá un incremento do 5 % en 2026, un 4,5 % en 2027 e 2028 e un 4 % en 2029

Os sindicatos valoran o pacto: "A folga e a negociación permitiron avanzar nas condicións laborais e salariais do sector"

Marcha dos traballadores do metal de Lugo durante unha das xornadas de folga neste mes de outubro (Europa Press) Marcha dos traballadores do metal de Lugo durante unha das xornadas de folga neste mes de outubro (Europa Press)
EFE 27/10/2026 10:09

As asembleas de traballadores dos convenios de siderometal e comercial do metal na provincia de Lugo, que se celebraron a pasada noite na capital lucense e en Viveiro, votaron a favor de aceptar o acordo alcanzado polos sindicatos coa patronal e desconvocar a folga no sector.

Segundo a información facilitada polos sindicatos convocadores o resultado foi de 83 votos a favor por 44 en contra nas citadas asembleas.

O acordo negociado coa patronal contempla un incremento salarial do 18 %, distribuído en catro anos, de modo que subirá un 5 % en 2026, un 4,5 % en 2027, a mesma porcentaxe en 2028 e un 4 % en 2029.

Así mesmo, acordouse unha cláusula de revisión do IPC con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de cada ano e sen límite, ademais do pagamento dos atrasos correspondentes.

Tamén se negociou a redución en 8 horas da xornada anual, así como a ampliación de 20 a 24 horas anuais do tempo para a asistencia a consultas médicas de Atención Primaria, que tamén poderá ser utilizado para acompañar a familiares en primeiro grao.

O acordo tamén inclúe melloras en licenzas, dietas, horas extras, gardas e clasificación profesional, de modo que os sindicatos estiman que "a folga e a negociación permitiron avanzar nas condicións laborais e salariais do sector".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade