Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Europarlamento aproba unha axuda de 2,7 millóns para traballadores do motor despedidos en Galicia

O Europarlamento aproba unha axuda de 2,7 millóns para traballadores do motor despedidos en Galicia

A partida destinarase a accións de orientación, formación e reciclaxe, ademais de formación para o emprendemento

G24.gal 07/10/2026 13:19

O Parlamento Europeo deu luz verde este mércores ao desembolso de 2,7 millóns de euros para axudar a traballadores do sector da automoción de Galicia a atopar un novo emprego.

A axuda, que procede do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos (FEAG), foi aprobada con 608 votos a favor. 55 europarlamentarios votaron en contra e 7 abstivéronse.

Está previsto que estas axudas beneficien os empregados de vinte empresas galegas de compoñentes para automóbil que, afectadas pola caída da demanda europea e a reorientación do investimento cara a plataformas electrificadas.

Un total de 671 traballadores quedaron sen emprego e calcúlase que 400 poderán beneficiarse da axuda europea.

Entre outras medidas, o diñeiro destinarase a accións de orientación, formación e reciclaxe, ademais de formación para o emprendemento. O informe indica que oito de cada dez traballadores despedidos teñen un nivel de formación postsecundaria ou inferior, e que un de cada catro ten máis de 54 anos, o que fai especialmente relevante a asistencia na procura dun novo emprego.

Está previsto que o total das medidas teña un custo de 3,2 millóns de euros. A Xunta de Galicia cofinanciará o 15 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade