Cargando resultados...
Dous de cada tres coches que se venden en España son de ocasión
No que vai de ano vendéronse 1.844.000 turismo de ocasión
G24.gal
08/11/2026 14:08
Última actualización 08/11/2026 15:16
O mercado do turismo de ocasión celebra numerosas feiras como escaparate dos vehículos que están á venda, entre elas o Car Outlet de Lugo, onde varias empresas exhibiron os vehículos que ofertan, e que ven dende os 2.000 euros para arriba.
Trátase dun mercado que, no que vai de ano, leva transferidos case 1.850.000 coches, xa que en España dous de cada tres turismos que se venden son de segunda man, e case a metade destes son diésel, mentres que os eléctricos aínda non chegan ao 2%.