Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bota a andar a campaña da centola que chegará o martes aos mercados

Bota a andar a campaña da centola que chegará o martes aos mercados

Os barcos largaron os aparellos que van recoller o luns cos primeiros exemplares da temporada

Cada embarcación ten unha cota diaria de 35 quilos aos que se suman outros 35 por cada mariñeiro a bordo

G24.gal 08/11/2026 13:40 Última actualización 08/11/2026 14:09

Dende primeira hora da mañá do domingo os mariñeiros achegábanse ao porto de Ribeira para poñer a punto os aparellos. Xa a partir das dez comezaron a saír ao mar para largar as nasas que agardan recoller o luns coas primeiras centolas da temporada.

"O prezo vai a depender moito das capturas, se hai moitísimas capturas será un prezo máis baixo. Os primeiros días adoita ser mais baixo porque van mirar como está o marisco, que rendemento dá. E despois a partir do segundo día aí é cando se empeza a marcar xa dependendo das capturas que haxa en todos os portos. Sobre 20 ou 25 euros xa sería para empezar un bo prezo", explica José Antonio Pérez, o patrón maior da confraría de Ribeira.

Cada barco ten unha cota máxima de captura de 35 quilos de centola, aos que se suman outros 35 por cada mariñeiro a bordo. Dende a confraría manexan boas perspectivas para o inicio desta campaña.

"A previsión é de momento polo que se fala, non se sabe ata o primeiro día, ata que te dedicas a traballar esa arte. Pero, segundo se fala, esperamos que sexa unha campaña un pouquiño mellor ca a do ano pasado." Di José Antonio Pérez.

As primeiras centolas da temporada vanse poxar o luns na lonxa e chegarán aos mercados a partir do martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade