Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a campaña da ameixa babosa en Ribeira con 1.848 quilos de capturas

Arranca a campaña da ameixa babosa en Ribeira con 1.848 quilos de capturas

As cotizacións alcanzaron os 58 euros e os mariscadores agardan que sigan subindo

02/11/2026 21:31 Última actualización 02/11/2026 21:41

Todos os mariscadores que saíron ao mar na primeira xornada cubriron o tope autorizado de ameixa babosa: un máximo de 10 quilos, ata sumar unhas capturas de 1.840 quilos, que se poxaron na lonxa a primeira hora da tarde.

Luís Alberto González, mariscador, di que non atoparon tanta ameixa como prevían e que a calidade non é tan boa coma outros anos. Pero asegura que a ameixa está gorda e que probablemente os próximos días se pague máis.

A cotización achegouse este luns aos 58 euros o quilo, lonxe do récord alcanzado hai cinco anos, cando se pagaron a case 74 euros. Prezos que irán crecendo a medida que se achegue o Nadal.

Os bancos da confraría dan sinais de recuperación tras varios anos de descensos nas capturas. Nesta campaña están abertos desde Coroso ata Castiñeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade