Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras

Medio Rural abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras

Permanecerá aberto ata o próximo 20 de novembro

O Sistema de Información de Terras de Galicia é a ferramenta web na que se poden consultar e solicitar as parcelas, a través da páxina sitegal.xunta.gal

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 02/11/2026 15:29

A Consellería do Medio Rural abrirá a partir deste luns e ata o próximo 20 de novembro o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras de Galicia.

Neste período, calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria e/ou forestal, ou para realizar un proxecto con outros fins, pode dirixirse ao Banco, que mantén unha lista actualizada das parcelas dispoñibles, infórmase nunha nota.

O Sistema de Información de Terras de Galicia é a ferramenta web en que se poden consultar e solicitar as parcelas que están incorporadas ao Banco, a través da páxina sitegal.xunta.gal.

Evitar o abandono das terras

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela ao dispor de todas aquelas persoas que la necesiten para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e do patrimonio, ou outros usos de interese social.

A súa función principal é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias de terras e aquelas que as precisan, así como dar a ambas as partes garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das parcelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos