Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novembro: tempo de recoller a oliva galega

Novembro: tempo de recoller a oliva galega

A recuperación da olivocultura segue avanzando en zonas como Quiroga, Valdeorras, o Baixo Miño e o Ribeiro

Só a empresa ourensá Aceites Abril vai recoller este ano 55.000 quilos de oliva galega, das variedades autóctonas (brava e mansa) e tamén de arbequina, picual e arbosana 

G24.gal 02/11/2026 11:24

En Quiroga, Valdeorras, Baixo Miño ou O Ribeiro andan estes días coa colleita da oliva, que aumenta cada ano en Galicia. Só os produtores vinculados a Aceites Abril prevén entregar este ano máis de 55.000 quilos. 

"É moi doado collela, non ten problema. Se a árbore é alta, vareas. Se non, pódese coller á man, ou con este raño pequeno, co que peiteas a melena na oliveira", explica Alberto Sierra. As súas árbores teñen tres anos e dan a súa primeira colleita, que vai recoller Aceites Abril.

O seu retiro como economista tomouno como un desafío: recuperar a propia historia. Porque Galicia tamén era verde oliveira ata que houbo que arrincar as árbores polos impostos dun conde-duque.

 "Mal chamado de Olivares -chancea o olivareiro Alberto Sierra -. Foi un valido dos Reis Católicos, que o que quería é que a produción de aceite fose para Estremadura e Andalucía".

Desde hai 16 anos, Aceites Abril promove en diversas comarcas vinícolas galegas a recuperación do cultivo. No Ribeiro abriron este ano un novo muíño de aceite na bodega do dominio de Razamonde, máis próximo aos produtores que se sumaron ao proxecto e que xa superan a centena en toda Galicia. 

Desde hai 16 anos, Aceites Abril promove en diversas comarcas vinícolas galegas a recuperación do cultivo de oliveiras Desde hai 16 anos, Aceites Abril promove en diversas comarcas vinícolas galegas a recuperación do cultivo de oliveiras

"Son xa 55.000 quilos de oliva producida aquí en Galicia, da que se fan uns 6.000 litros de aceite. Para facer o aove a oliva lávase, prénsase a unha temperatura que non pode superar os 26 graos, e despois do batedor, sepárase a auga do aceite e da pasta e despois o aceite decántase e fíltrase", detalla Elena Pérez Canal, a responsable de comunicación de Aceites Abril. 

A novidade deste ano é unha edición limitada dun aove especial, o do 1º día de Colleita Propia

"No momento da natureza cando as olivas están moi verdes e o rendemento é moi baixo, pero de extraordinaria calidade. Na cata dá aromas moi especiais, a plátano verde e herba acabada de cortar".

Da ribeira do Avia, onde o cultivo de oliveira se perdera por completo,  saen este ano 250 botellas moi especiais deste aove, que evoca o sabor a verde dese aceite galego do que, ata hai un cuarto de século, só quedara testemuño na bacía do Sil: unicamente en concellos como Quiroga e O Bolo resistiron, desde a antigüidade, as oliveiras autóctonas.

Desde hai 16 anos, Aceites Abril promove en diversas comarcas vinícolas galegas a recuperación do cultivo da oliveira Desde hai 16 anos, Aceites Abril promove en diversas comarcas vinícolas galegas a recuperación do cultivo da oliveira
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar