A colleita da oliva entra na recta final
A campaña na zona de Quiroga está rematando e os resultados son mellores do agardado
Malia a seca do verán, están dando un bo rendemento nos lagares, cun litro de aceite por seis quilos de olivas
Á prensa de Ouro de Quiroga chega boa parte da oliva da contorna. A deste ano, está dando bo rendemento.
Silvia Rodríguez Ferro, mestra de lagar: "Máis ou menos seis quilos de olivas por litro de aceite, ou seis e medio. O ano pasado era difícil que baixara de sete ou de oito".
Están na recta final dunha campaña que arrincaba no Pilar e rematará na ponte de decembro. Buscan o envero, o punto óptimo de maduración das olivas.
Julio Quiroga Zarauza, cofundador de Ouro de Quiroga: "Canto máis madura, maior é o rendemento graxo, pero baixa a calidade do aceite. Tirando a verde, o rendemento é menor pero temos aceites de menor calidade".
A produción, iso si, está sendo desigual, por zonas e mesmo dentro dunha mesma parcela.
"Veu unha primavera atípica, con floración atípica pero moita calor despois da floración, que fixo que se queimara moita flor. Despois todo o verán moi seco e os lumes, que afectaron en moitas zonas", sinala Julio Quiroga.
O que si nos garanten sen dubidar é a calidade do aceite.