Quiroga presume do aceite virxe extra da Ribeira Sacra
Fin de semana de exaltación deste produto feito con olivas autóctonas
Os asistentes puideron degustar preparacións de chefs afamados
O concello lugués de Quiroga celebrou esta fin de semana a vixésimo sexta edición da Mostra do Aceite.
"Paréceme importante todo o que sexa promocionar un produto, neste caso o aceite", di un dos asistentes.
Nos últimos anos, nesta zona da Ribeira Sacra aumentaron as plantacións de oliveiras autóctonas e rescatáronse moitas centenarias. Funcionan cinco almazaras e sete colleiteiros que elaboran un aceite virxe extra, especial para tomar en crú.
"Non ten nada que ver co aceite do supermercado. É unha calidade de aceite de oliva virxe extra cunha cantidade de polifenois de aí ese picante que queda na gorxa ao final de saborear o aceite", explica outro señor.
Chefs afamados cociñaron elaboracións para que o público as catase.
"Compramos os vales para probar todo o que nos dean", di unha muller.
O público tamén puido ver en funcionamento un muíño centenario onde se elaboraba antigamente o aceite.