Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os drons incorpóranse á vendima na Ribeira Sacra

Os drons incorpóranse á vendima na Ribeira Sacra

Poden transportar ata caixas de 100 quilos polo aire

Especialmente útiles en viñedos escarpados coma os da viticultura de montaña

G24.gal 15/09/2026 14:26

O ano pasado fixéronse as primeiras probas e xa é unha realidade: os drons xa se están empregando na vendima da Ribeira Sacra.

A tecnoloxía facilita cada vez máis a vendima nos socalcos empinados da Ribeira Sacra. Estes drons poden transportar polo aire ata 100 quilos de uva e levar os acios ata os camións.

"Non se trata de substituír unha persoa ou unha máquina convencional por un dron. O que facemos é axudar a que esas tarefas sexan máis fáciles e máis levadías", di Fran Sabugo, responsable de Comunicacións de Bosquiman Ingenia.

Benvida sexa calquera axuda para apañar as uvas nas parcelas da Ribeira Sacra. O que moi acertadamente se coñece como viticultura heroica.

Hai leiras tan escarpadas que o máis fácil é baixar a uva ata un barco no río. E outras en que sería titánico apañalas sen axudas de rieis mecánicos. Agora chega a revolución tecnolóxica cos drons.

"Facemos traxectos curtos. Recollemos as caixas nas parcelas en caixas para levalas ata o punto que nos digan e logo seren transportadas á adega", comenta Fran Sabugo.

O ano pasado xa se realizaron as primeiras probas de carga, e esta vendima xa están aquí para botar unha man. 

"Temos pouca man de obra e queremos sacar parte do traballo aos viticultores para que o fagan os drons", di Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador da D. O. Ribeira Sacra.

Os viticultores de montaña comezan a ver estas naves como un apoio fundamental no futuro próximo, e non tanto para o carrexo de caixas, senón para a aplicación dos produtos fitosaniarios ás vides.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade