Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia culmina a súa vendima máis madrugadora con marca de colleita

Galicia culmina a súa vendima máis madrugadora con marca de colleita

As cifras avanzadas apuntan a que se superarán os 77,8 millóns de quilos de uva recollidos en 2011, a colleita máis abundante ata a data

 

EFE/ Paula Fernández EFE/ Paula Fernández
G24.gal 26/09/2026 09:16

A vendima máis madrugadora de Galicia deixa bos resultados e, á espera das últimas recollidas nalgunha adega, converterase na máis abundante da historia, cunha colleita que superará os 78 millóns de quilos de uva, segundo os datos avanzados polas cinco denominacións de orixe.

A calor acelerou este ano a maduración da uva e o sector non lembra unha vendima tan temperá, que empezou nalgunhas adegas o 12 de agosto e dá practicamente por finalizada.

A pesar deste cambio, os bos resultados están á vista e as cifras avanzadas apuntan a que se superarán os 77,8 millóns de quilos de uva recollidos en 2011, a colleita máis abundante ata a data.

En Rías Baixas, que representa ao redor do 60% da colleita galega, quedaron lixeiramente por baixo da previsión que tiña o seu consello regulador, próxima aos 50 millóns de quilos, pero consideran que o ano foi positivo.

"A cantidade que temos hoxe en día son 46,8 millóns de quilos, o cal é unha cantidade das maiores que houbo na serie dos últimos anos, que afortunadamente foron todas colleitas moi boas, abastecen dabondo as adegas. Pódese cualificar desde logo, tanto en produción como en calidade, moi bo ano", explica a EFE o director técnico, Agustín Lago.

A uva chegou á vendima cunha elevada calidade: "A vexetación desenvolveuse perfecta, a brotación e o índice de fertilidade foron moi altos", di Lago.

A situación estendeuse ao resto das denominacións de orixe galegas, que tamén rexistran boas cifras.

O Ribeiro superou os 9,4 millóns de quilos, Monterrei os 8,5 millóns, en Valdeorras a cifra final situarase entre os 8 e os 8,5 millóns de quilos e Ribeira Sacra pechou con 5,5 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade