Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pisa da uva, un reclamo turístico en Monterrei

A pisa da uva, un reclamo turístico en Monterrei

Concluída a vendima, os veciños de Monterrei celébrano cunha festa costumista na que recordan os labores que se realizaban antes da mecanización do campo

G24.gal 03/10/2026 14:59

De Chantada veñen as dúas parellas de bois e vacas encargadas de tirar dos carros das uvas porque en Albarellos, xa non hai.

"Hai que xunguir case todos os días, traballar con eles habitualmente para que estean dóciles e que non haxa problemas coa xente", explica Marcos Viana, criador dos bois.

É unha das tradicións da vendima que se extinguiron coa mecanización dos labores agrícolas pero que aínda lle tocan a fibra sensible aos que ás viviron en carne propia.

"Acórdome dos cestos e todo, pero xa facía moitos anos que non o vía e é marabilloso", comenta un veciño da zona.

Tamén se recrea nesta festa a pisa da uva, á que se sumou a comitiva institucional. Outrora foi un traballo esforzado pero hoxe celébrase coma unha festa.

"Espero a que cheguen, botar as uvas e pisar. Sempre lío algún para que suba comigo. Moi ben. Os pés quedan fríos e estupendos", explica a encargada da pisa.

Celebran a puxanza dun sector que ano tras ano bate marcas de produción en Monterrei. Este ano, con máis de oito millóns setecentos mil quilos.

Manuel Vázquez, presidente do CRDO Monterrei: "Xa viñamos dun record en 2025 e este 2026 batemos tamén o record debido ás novas plantacións e maior superficie amparada polo consello regulador".

Contemplan esta festa como un xeito de combinar a produción vitícola co turismo, como valor engadido para a atraer ingresos á comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade