Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía Provincial da Coruña abre de oficio dilixencias polas ameazas de bomba en colexios

A Fiscalía Provincial da Coruña abre de oficio dilixencias polas ameazas de bomba en colexios

Segundo explicou o Ministerio Fiscal nun comunicado, o obxectivo é recompilar a información dispoñible e proceder á súa análise de xeito conxunto, para identificar a quen está detrás destas ameazas

G24.gal 20/11/2026 12:33

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu de oficio dilixencias de investigación tras os falsos avisos de bomba recibidos en varios centros escolares da comunidade galega.

Segundo explicou o Ministerio Fiscal nun comunicado, o obxectivo é recompilar a información dispoñible e proceder á súa análise de xeito conxunto, para identificar a quen está detrás destas ameazas.

Na xornada do mércores e o xoves axentes da Policía Nacional e la Garda Civil realizaron desaloxos e revisións por falsos avisos de bomba, que foron recibidos nuns 80 centros galegos de forma practicamente simultánea ao mediodía mediante do correo electrónico das direccións educativas.

A incidencia destes falsos avisos foi especialmente alta na Coruña, onde os axentes policiais contabilizaron ata 31 centros evacuados por este motivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade