Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha xuíza ordena o arresto do dono de Fly2Galicia por unha débeda antiga de 60.000 euros

Unha xuíza ordena o arresto do dono de Fly2Galicia por unha débeda antiga de 60.000 euros

Segundo La Voz de Galicia, a xuíza ditou a busca de Popov como investigado a principios do mes de novembro, pero tamén explica que o deixará en liberdade en canto declare

G24.gal 20/11/2026 09:57

Un xulgado de Zaragoza ordenou arrestar o dono da compañía aérea Fly2Galicia, o búlgaro Gueorgi Iavarov Popov, por unha antiga débeda de 60.000 euros

Segundo o xornal La Voz de Galicia, a débeda contraeuse na contratación dun voo a unha empresa de Aragón, que este empresario nunca chegou a pagar.

Presuntamente enviou un xustificante bancario falso e cortou todo contacto coa compañía. A xuíza ditou a busca de Popov como investigado a principios do mes de novembro, pero tamén explica que o deixará en liberdade en canto declare. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade