Publicador de contidos

Publicador de contidos

O home intoxicado por sosa cáustica nun bar de Vigo acode á vía civil

O home intoxicado por sosa cáustica nun bar de Vigo acode á vía civil

O caso fóra arquivado no penal. Quere que alguén asuma a responsabilidade e saber que pasou.

G24.gal 19/11/2026 13:17

O home  que sufriu queimaduras gástricas por inxerir unha botella de auga mineral que tiña sosa cáustica inicia o proceso xudicial civil tras ser arquivado o caso polo penal.

Quere que se depuren responsabilidade xa que ademais do ingreso hospitalario e risco que sufriu aínda continúa con secuelas.

Pablo González levou o susto da súa vida cando estando de tapas cos seus amigos inxeriu un grolo de auga mineral con gas  e sentiu unha inmensa dor no esófago e no estómago. Tomara sosa cáustica. Estivo vinte días hospitalizado e pasou un ano horroroso, aínda que só puido estar de baixa catro meses.

Considera que ata o de agora non se investigou ben. Os responsables da empresa embotelladora fórono visitar varias veces ao hospital e interesáronse inicialmente pola súa saúde pero nin eles nin os propietarios de restaurante asumiron responsabilidade ningunha.

Este publicista de Salvaterra de 44 anos quere saber  que pasou e quen foi o culpable da súa intoxicación e que asuma a súa responsabilidade para que non volva ocorrer, xa que aínda ten secuelas e máis predisposición ao cancro de esófago. O vindeiro 13 de decembro xa está citado a unha conciliación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade