Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil detén os autores do atraco a unha sucursal bancaria de Folgoso do Caurel

A Garda Civil detén os autores do atraco a unha sucursal bancaria de Folgoso do Caurel

Irromperon en abril de 2022, pistola en man, na sucursal e levaron 95.000 euros en efectivo

Os arrestados, veciños de Carral e Miño, foron postos a disposición xudicial

G24.gal 19/11/2026 13:17

A Garda Civil de Lugo detivo dous homes como presuntos autores dun delito de roubo con intimidación cometido nunha sucursal bancaria situada na localidade de Folgoso do Courel.

Trátase de dous veciños de Carral e Miño de 49 e 51 anos de idade. Deron con eles despois de catro anos de pesquisas e tras analizar as gravacións de sistemas de seguridade a sucursal.

O atraco tivo lugar en abril de 2022 cando os dous asaltantes entraron na sucursal a punta de pistola e, tras ameazar o director da oficina, o obrigaron a abrir a caixa forte e o caixeiro automático. Conseguiron levar 95.000 euros e inmobilizaron a vítima cunhas bridas.

Os arrestos permitiron esclarecer outros atracos violentos rexistrados en Folgoso do Courel e Cervantes. Os detidos foron postos á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade