Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta de Galicia prorroga o Plan de explotación marisquera ata 2029

A Xunta de Galicia prorroga o Plan de explotación marisquera ata 2029

Este aprazamento ten o fin de favorecer a recuperación dos bancos afectados pola mortalidade de moluscos bivalvos

Nas zonas de libre marisqueo sen plan específico, a Orde fixa dous períodos xerais de extracción de moluscos por ano

Marisqueiros recollen as cunchas e o marisco morto, na praia de Testal, a 18 de marzo de 2026, en Noia (Elena Fernández-Europa Press-Arquivo) Marisqueiros recollen as cunchas e o marisco morto, na praia de Testal, a 18 de marzo de 2026, en Noia (Elena Fernández-Europa Press-Arquivo)
G24.gal 19/11/2026 12:52

A Xunta de Galicia prorroga ata o 31 de decembro de 2029 o Plan xeral de explotación marisqueira vixente co fin de favorecer a recuperación dos bancos afectados pola mortalidade de moluscos bivalvos, salvo que antes desa data se aprobe un novo.

As chuvias intensas e persistentes que marcaron o comezo do ano provocaron sucesivos descensos da salinidade nas rías galegas. Un exemplo disto é na ría de Arousa, en que se detectaron ata seis episodios consecutivos de baixa salinidade, segundo informa a Xunta nunha nota.

Seguindo o protocolo do Centro de Investigación Mariñas, as mostraxes que se realizaron tras as chuvias permitiron comprobar o alcance da mortalidade nos bancos afectados. Os resultados obtidos deste estudio levaron a adaptar numerosos plans de xestión, así como a suspender de maneira temporal a extracción nas zonas que precisaban medidas especiais de protección.

O estado actual de moitos bancos dificulta que as entidades poidan elaborar novos plans axustados a situación dos recursos. Desta maneira, a prórroga permite manter os peches temporais onde sexan necesarios e que as persoas mariscadoras poidan continuar coas tarefas de mantemento, recuperación, seguimento e vixilancia dos bancos, indica a Xunta.

E en canto ás zonas de libre marisqueo que non dispoñen dun plan específico, a orde fixa dous períodos xerais de extracción de moluscos por ano, tanto na ría de Arousa como no resto de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade