Galicia consome máis peixe e marisco que a media nacional
A recomendación é comer 3, 4 racións á semana, e mellor se é variado
Galicia supera en 5 quilos a media nacional
A tendencia xeral no consumo de peixe leva anos á baixa, de aí o esforzo do sector e das administracións por revertela. Proxectos como Pesca Saúde son un exemplo. Leva 2 anos promovendo o consumo de peixes e mariscos, concienciando dos beneficios para a saúde e tamén para un sector, o do mar e a industria, que dá traballo a arredor de 50.000 persoas.
"Se ben en Galicia temos un consumo anual superior aos 25 quilos por persoa, 5 quilos por riba da media nacional, o reto sabemos que é certamente mellorable", explica Marta Villaverde, conselleira do Mar.
A recomendación é comer entre 3 e 4 racións de peixe á semana
"1 ou 2 veces á semana".
"Pois ao mellor 3 veces á semana".
"Moluscos aínda si, pero peixe un día por semana, e grazas", comentan varios consumidores.
Importa a frecuencia, pero tamén a variedade para diversificar a achega de nutrientes
"Bivalvos, cetáceos, peixe branco, peixe azul...".
"O médico dime que debo facer máis fincapé no peixe azul, que é máis saudable".
No prezo está o maior escollo por iso o sector reclama a baixada do IVE ao 4 %.
"Tanto o peixe coma as verduras deberían ser dos alimentos máis protexidos, pero, claro,co prezo que teñen é imposible afrontalo en moitísimos fogares, en moitísimas familias", apunta unha muller.