Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrol ten a primeira peixería galega cunha dependenta virtual

Ferrol ten a primeira peixería galega cunha dependenta virtual

É unha IA que se encarga de responder os WhatsApps, tramitar as encargas e avisar os clientes para que pasen recoller o peixe

G24.gal 13/11/2026 14:51 Última actualización 13/11/2026 15:08

Rocío é a xefa de Peixes Niki e xa hai tempo que facía videos para as encargas por Whatsapp.

"Como non dabamos feito atender ao teléfono, a vender e a limpar, decidín poñer unha asistente virtual para que se encargue ela de atender o whats app. Se non te coñece pregúntache nome e enderezo, para os envíos a domicilio, pero só a primeira vez. Despois diche que queres e como cho prepara. E se non hai, ofréceche algo similar", dixo Rocío Soto, de Peixes Niki.

Rocío soubo dunha empresa que deseñara esta asistente para unha carnicería. E xuntos foron reprogramando e adestrando a IA para facela peixeira.

"Moita xente está encantade e dinme, agora xa podo facer a compra desde a cama. Outros prefiren o trato persoal", explica.

As encargas pódense pedir a domicilio e tamén recollelas, se é fóra de horario, nestas taquillas con código que están operativas ata as seis e media da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade