Cargando resultados...
Remata a primeira lúa da campaña do meixón, con capturas moi reducidas
O que si foron bos, os prezos, de ata 781 euros o quilo
G24.gal
13/11/2026 13:57
Hoxe rematou no Baixo Miño a primeira lúa da campaña do meixón, que se desenvolveu desde o 5 de novembro con capturas moi escasas. O que si foron bos foron os prezos, que acadaron un máximo de 781 euros o quilo.
As causas da escaseza son o tempo caloroso, a falta de choiva, por iso a previsión é que a vindeira lúa que comeza o 5 de Nadal sexa moito mellor.
O novo presidente dos pescadores do Miño confía en acadar os formidables datos do ano pasado. Algo que é difícil porque xa foi moi boa a primeira lúa de novembro. Tamén considera que é preciso un dragado no río na desembocadura porque está demasiado areoso.