Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espina & Delfín constrúe a primeira depuradora de auga tratada no Amazonas

Espina & Delfín constrúe a primeira depuradora de auga tratada no Amazonas

A obra no río máis caudaloso do mundo ascende a 58.200 millóns de euros

 Tecnoloxía galega para depurar a auga do Amazonas, devolvela tratada ao río e darlles subministración a unhas 70.000 persoas

G24.gal 13/11/2026 13:41

Trátase da primeira planta de tratamento de augas residuais da Amazonía colombiana. Grazas a ela protexeranse as fontes hídricas da zona, mellorará a saúde pública e dinamizarase a economía local. Esta empresa galega acometerá esa infraestrutura nun municipio duns 70.000 habitantes que en 2017 quedou asolagado e con graves danos estruturais.

Das instalacións desta radicada en Galicia sairán moitas de pezas desa macroinfraestrutura. Construirán as obras civís da depuradora, o colector de sumidoiro sanitario e o emisario final. Ademais, formarán o persoal para a asistencia técnica da depuradora.

Espina & Delfín participa cun 55 % dun consorcio que investirá preto de 16 millóns de euros na conca do Amazonas. A cambio, auga tratada para consumo e rego, algo que reducirá as pragas e infeccións e mellorará a vida e a saúde dos habitantes desta zona tan castigada de Colombia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade