Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colombia vive as horas máis críticas na busca de superviventes do terremoto

Colombia vive as horas máis críticas na busca de superviventes do terremoto

Os falecidos a causa do sismo do luns son xa 240

Rescatistas recuperan con vida unha muller de entre os edificios derrubados na cidade de Pereira (Reuters/Juan David Duque) Rescatistas recuperan con vida unha muller de entre os edificios derrubados na cidade de Pereira (Reuters/Juan David Duque)
G24.gal 12/08/2026 08:57

Colombia concentra xa nestas horas todos os seus esforzos a busca de superviventes, a atención aos damnificados e en avaliar os danos tras o forte sismo de 7,4 graos que o luns fixo tremer a terra en varias reixóns do país e que deixa polo momento uns 240 falecidos e milleiros de vivendas e edificacións afectadas.

Aínda que o total de vítimas muda en función dos organismos que as facilitan, nestes momentos, incluíndo os datos das autoridades rexionais, a cifra consolidada sitúase en cando menos esas 240 persoas mortas a causa do terremoto.

Do balance rexional, 95 cando menos corresponde a Cali e outros 35 a municipios do Valle del Cauca, mentres que Risaralda conta 90, Chocó 14 e Caldas seis.

O sismo ocorreu á 07:34 hora local e tivo o seu epicentro en San José del Palmar, no departamento do Chocó, a unha profundidade de 103 quilómetros. 

Procura de sobreviventes e danos

As operacións de procura e rescate continua especialmente en Cali. Un dos rescates que devolveu a esperanza ocorreu no barrio Torres do Limonar, onde os socorristas lograron sacar con vida a Diana Troncoso, unha biomédica de 31 anos que permaneceu atrapada durante horas nun edificio de catro pisos que colapsou. Nese mesmo lugar búscase a varias persoas máis.

Os danos esténdense a numerosos municipios do Valle del Cauca. No Cairo preto do 80 % das vivendas colapsaron, segundo as autoridades rexionais, mentres que Dagua rexistra centos de casas afectadas e dificultades nos servizos de enerxía e comunicacións. Os hospitais de El Águila e Argelia tamén sufriron danos que obrigaron a habilitar centros de atención de campaña.

O terremoto é o máis forte rexistrado en Colombia no que vai do século XXI e estivo seguido por máis dun centenar de réplicas.

O presidente do país, Abelardo de la Espriella, quen instalou o luns en Bogotá un posto de mando para atender a emerxencia e posteriormente viaxou a Quibdó e Cali, percorreu este martes Pereira, Manizales e Dosquebradas, cidades máis golpeadas polo terremoto, para coordinar a resposta do Goberno coas autoridades locais.

En Pereira, capital de Risaralda, o mandatario reuniuse co alcalde, Mauricio Salazar, e percorreu sectores afectados, onde asegurou que o Goberno dará axudas ás familias e empresas damnificadas.

O aeroporto internacional Matecaña de Pereira, unha das infraestruturas máis afectadas, mantén suspendidas as súas operacións comerciais e só recibe voos de Estado, atención médica, busca e rescate, e axuda humanitaria mentres se avalían os danos na pista, os sistemas de comunicacións e a torre de control.

Posteriormente, De la Espriella desprazouse a Manizales, capital de Caldas, onde anunciou a posta en marcha de subsidios de alugueiro para preto de 1.150 familias que perderon as súas vivendas. O Goberno prevé aplicar axudas similares para os damnificados de Risaralda.

A emerxencia mobilizou axuda dentro e fóra do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade