O número de casos de acoso escolar medra un 200 % no último ano en Galicia
Segundo a Fiscalía, no 2025 houbo en Galicia 242 casos de acoso escollar fronte aos 75 do 2024
Afonso Rueda: "En Galicia non caben os abusóns. Tolerancia cero"
No 2025 houbo en Galicia 242 casos de acoso escollar fronte aos 75 do 2024. "Ppreocúpanos especialmente o rural porque se un pode pensar que se coñece todo o mundo e se pode atallar a tempo pero o que debería ser unha vantaxe é un handicap", di Carmen Eiro, fiscala superior de Galicia
Os exeprtos dan pautas para poder detectar este tipo de violencia nos mozos. "O rexeitamento a ir ao centro escolar, o ilamento social, o cambio de amizades ou rutinas. As familias din que está como máis triste, máis apagado e fala menos", indica Susana Rey, presidenta da Asociación de Pediatría.
A Xunta pon en marcha, xunto cos concellos, as forzas de seguridade e a fiscalia, unha rede contra o acoso escolar. "En Galicia non caben os abusóns. Hainos de moitos tipos, cara aos rapaces, cara aos mestres e a única solución é a tolerancia cero" advirte o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Máis da metade dos municipios de Galicia xa forman parte desta rede contra o acoso.