Veciños de Moaña reclaman unha escaleira mecánica para a subida ao Vaticano
O acceso á zona alta de Moaña non é doada, e obriga dar unha volta para evitar as empinadas escaleiras
No Morrazo, os veciños de Bouza-Quintela levan anos pedindo unha solución á que chaman a subida ao Vaticano. Unha escaleira empinadísima que comunica o centro coa zona alta de Moaña.
Poucos son os que se atreven a usar este acceso que comunica Concepción Arenal con Navas de Tolosa. É a subida ao Vaticano que usan os máis valentes e de cando en vez o club de atletismo para adestrar. Os mais vellos téñeno complicado para subir, malia que algúns anímanse a baixar.
No alto das escaleiras está a escola de educacion infantil O Con. Os pais téñeno difícil para levar os fillos, non hai onde aparcar e moitos teñen que subilos no colo polas escaleiras. Outros deixan os patíns abaixo para non cargaren con todo.
Varias asociacións veciñais levan anos pedindo a instalación dunhas escaleiras mecánicas ou dun ascensor. Mesmo hai recreacións de como quedaría a subida ao Vaticano soñada por todos.
De momento, e mentres non haxa escaleira nin ascensor, os veciños seguirán a dar un rodeo para chegar á zona alta de Moaña.