Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Cabana de Bergantiños leva máis dun ano agardando que amañen o camiño de acceso á súa leira

Unha veciña de Cabana de Bergantiños leva máis dun ano agardando que amañen o camiño de acceso á súa leira

Denuncia que a empresa madeireira que lle cortou por erro as árbores da súa leira leva catorce meses sen amañar o camiño de acceso

Asegura que, segundo a Lei de Montes, as empresas madeireiras están obrigadas a arranxar o camiño que utilizan para acceder a cortar a madeira 

G24.gal 10/11/2026 14:09

Unha veciña de Cabana de Bergantiños foi vítima dunha corta de árbores non contratada na súa leira por unha empresa madeireira de Muxía. Despois de denunciar os feitos chegaron a un acordo, pagáronlle a madeira e indemnizárona. O que non amañaron foi o camiño de acceso, e teme que no inverno quede impracticable.

O Galicia Noticias púxose en contacto coa empresa madeireira que alega que non teñen notificación ningunha de que teñan que amañar o camiño. Asunción, veciña afectada, di que "non teñen que notificarlle nada porque está recollido na Lei de Montes, que a obriga a amañar o camiño público unha pez rematada a corta das árbores".

Asegura que "só quere que se cumpra a lei, o que significaría arranxar o camiño". Un cumprimento que di, lle permitiría acceder á súa leira sen estragar o vehículo ou depender de que alguén a leve nun todo terreo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade