Publicador de contidos

Publicador de contidos

'SIM swapping', unha estafa a partir da suplantación da identidade telefónica

'SIM swapping', unha estafa a partir da suplantación da identidade telefónica

A Audiencia da Coruña xulga seis persoas acusadas de obter máis de 100.000 euros mediante este calote

Seis persoas, 5 homes e unha muller, sentan no banco dos acusados da Audiencia Provincial, imputados por estafas bancarias polo método "SIM swapping"
G24.gal 10/11/2026 13:41

Desde hoxe e durante 3 xornadas mais, sentan no banco dos acusados da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, 6 persoas, 5 homes e 1 muller. Están imputados por realizar polo menos 10 estafas bancarias a outros tantas vítimas de toda España. Operacións en que obtiveron algo máis de 100.000 euros no ano 2020.

Segundo explicaron algúns prexudicados e un policía que participou na investigación dun dos calotes, o modus operandi consistía en obter datos persoais das vítimas. A continuación os colaboradores denunciaban na Garda Civil o roubo da documentación no nome das vítimas. O líder da trama elaboraba DNI ou permisos de condución falsos cos datos das vítimas e fotos dos seus colaboradores. Con eses documentos falsos acudían a tendas de telefonía móbil e pedían o duplicado da tarxeta SIM. O líder facilitáballes móbiles aos colaboradores e instalaban esas tarxetas. Accedían ás contas bancarias das vítimas e pedían préstamos no seu nome.

Como explica Beatriz, unha das vítimas do calote, de Valencia, unha vez ingresados os cartos, facían transferencias ás contas de colaboradores, que quedaban cunha porcentaxe segundo a súa participación e o resto retirábanos en caixeiros para entregarllos ao líder ou facíanlle transferencias.

O presunto xefe da trama, chegou a mercar supostamente varios coches e motos cos cartos estafados.

Para el a Fiscalía pide 11 anos de cadea polos delitos de integración en organización criminal en calidade de promotor, falsidade para cometer delito de estafa e branqueo de capitais.

Para os outros 5 acusados pide penas de 1 a 3 anos de cárcere polos delitos de pertenza a organización criminal como participantes, e cooperadores necesarios do delito continuado de falsidade para cometer estafa.

Os acusados tamén deberán indemnizar ás entidades bancarias polas cantidades estafadas, máis de 100.000 euros e os intereses correspondentes, porque estas xa lles devolveron ás vítimas as cantidades estafadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade