Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intentan obter datos de veciños de Oia facéndose pasar por empresas de telefonía e servizos

Intentan obter datos de veciños de Oia facéndose pasar por empresas de telefonía e servizos

Desde o Concello lembran que ningunha administración pública nin empresa "seria" solicita datos privados porta por porta

O Concello pídelles aos veciños O Concello pídelles aos veciños "máxima precaución" ante as posibles estafas
G24.gal 17/09/2026 17:52

O Concello de Oia alertou aos seus veciños de que se están producindo visitas non autorizadas en distintos puntos do municipio, nas que determinadas persoas preséntanse nas vivendas facéndose pasar por representantes de compañías telefónicas ou de servizos básicos, solicitando datos privados ou información privado.

Nun comunicado no seu web, o Concello lembra que ningunha administración pública nin empresa "seria" solicita datos privados porta a porta, e que baixo ningún concepto deben facilitarse informacións como DNI, número de conta, contratos, facturas, teléfonos ou calquera outro dato identificativo.

O aviso chega despois de que nos últimos días se detectasen actuacións que, apunta, poderían constituír tentativas de estafa, polo que se pide aos veciños "máxima precaución".

Entre outras recomedacións, aconsellan, no caso de recibir algunha visita deste tipo, que non se abra a porta nin se faciliten datos privados e que se contacte directamente coa empresa supostamente representada. Avisar á Garda Civil ou ao Concello para comunicar o feito son outras das recomendacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade