Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desarticulada en Ourense unha organización que distribuía falsificacións e que chegou a mobilizar 20 millóns anuais

Desarticulada en Ourense unha organización que distribuía falsificacións e que chegou a mobilizar 20 millóns anuais

Hai seis detidos en prisión provisional como presuntos autores de delitos contra a propiedade industrial, pertenza a organización criminal, falsidade documental e branqueo de capitais

Os axentes interviñeron máis de 109.000 efectos, que, segundo a Garda Civil, destacaban pola súa "extraordinaria calidade"

A operación motivou unha ducia de rexistros na Gudiña, Verín, Xinzo e no norte de Portugal

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 09/11/2026 13:24

A Garda Civil e a Garda Nacional Republicana de Portugal desarticularon en Ourense unha organización delituosa transnacional especializada na introdución, almacenamento e distribución de falsificacións. Estímase que o rendemento ilícito das súas actividades ascende aos 20 millóns de euros anuais.

Tal e como trasladou a Garda Civil de Ourense, a intervención, coordinada por Europol e no marco da operación Malabis, culminou con seis persoas detidas como presuntos autores de delitos contra a propiedade industrial, pertenza a organización criminal, falsidade documental e branqueo de capitais.

A investigación foi dirixida polo Tribunal de Instancia Praza 1 de Xinzo de Limia e a Fiscalía de Ourense, que emitiron as correspondentes ordes europeas de investigación para coordinar a explotación simultánea do dispositivo a ambos os dous lados da fronteira.

Segundo relatou, as investigacións conxuntas permitiron pescudar que os integrantes do grupo criminal coordinaban a actividade comercial, contactos con intermediarios e vendas desde as localidades ourensás de Verín e Xinzo de Limia, tras deslocalizar ao norte de Portugal a maioría da parte loxística para encubrir as súas actividades.

Ao longo deste tempo practicáronse un total de 12 rexistros: catro en Verín, dous en Xinzo de Limia, un na Gudiña e cinco en Portugal.

Para executar a distribución da mercancía, a rede combinaba transportes terrestres propios con continuos envíos a través de empresas de paquetería urxente, abastecendo a locais comerciais

En total interviñéronse máis de 109.000 efectos, que, sinalou a Garda Civil, destacaban pola súa "extraordinaria calidade" de reprodución, tanto nos materiais empregados, como nos seus acabados e elementos identificativos de marca, incluíndo códigos QR clonados.

O valor de mercado dos produtos supera os 10 millóns de euros e o rendemento ilícito xerado por esta trama delituoso estímase ao redor dos 20 millóns de euros anuais, mediante a venda almacenista de roupa, calzado e complementos falsificados

Con todo, os seis detidos foron postos ao dispor xudicial que decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade