Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Jesús Domíguez, fundador do belén de Begonte

Morre Jesús Domíguez, fundador do belén de Begonte

O párroco Jesús Domínguez e o seu irmán puxeron en marcha este nacemento, que na actualidade conta con 150 figuras, en 1972

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 09/11/2026 13:10

Pesar en Begonte polo falecemento do impulsor do belén electrónico que cada Nadal atrae milleiros de visitantes ata a igrexa parroquial.

O párroco Jesús Domínguez e o seu irmán poñían en marcha este nacemento no ano 1972. Nestas cinco décadas non deixou de medrar, hoxe conta con 150 figuras, todas artesanais. É unha das citas do Nadal máis recoñecidas en Galicia, e desde 2014 tamén é Festa de Interese Turístico.

A igrexa parroquial acolle a capela ardente este luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade