Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Nadal ilumina o rural de Lalín cunha exposición de nacementos

O Nadal ilumina o rural de Lalín cunha exposición de nacementos

A Casa do Patrón, en Codeseda, organiza actividades todas as fins de semana

A exposición de nacementos e a luminaria da aldea son un reclamo para os visitantes

G24.gal 07/12/2025 20:58 Última actualización 07/12/2025 21:34

O Nadal vai chegando tamén ás aldeas. Codeseda, en Lalín, acendeu o alumado para estas festas e abriu as portas da exposición de nacementos que cada ano sorprende á veciñanza.

Sen grandes fastos, pero coa mesma ilusión ca nunha cidade en Codeseda as luminarias van cubrindo casas, eiras e pendellos e os foguetes marcan xa o inicio dunhas festas que chegan ata os Reis. 

"Xusto chegamos coa conta atrás e despois comezaron os fogos artificiais. Eu vin hoxe porque cada vez as luces están máis bonitas e encántanme", di Luca

Ademais, nesta aldea o museo etnográfico da Casa do Patrón organiza actividades todas as fins de semana e cada ano vai sumando beléns á súa exposición. 

"Os beléns que facemos están feitos con materiais que recollemos da agricultura, durante todo o ano, fundamentalmente palla de centeo e trigo, folla de millo. Entón facemos uns beléns distintos que non se adoitan ver noutros sitios", explica Amparo Blanco Varela, da Casa do Patrón

"Está moi traballado e hai que ter moito tempo e moita paciencia para facelo. Animo a todo o mundo a que veña a Lalín velo"

"A verdade é que non se pode dicir cal é o máis guapo, porque o é todo"

Así que un novo destino para sumar a esa axenda de lugares a visitar. Percórrese decontado e achégase un pouco máis ao relato do nacemento dos Evanxeos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade