Lugo, Ourense e Pontevedra, as que máis aumentan o presuposto da iluminación do Nadal
Na cidade da muralla gastarán 216.000 euros, un 60% máis que o ano pasado
Ourense investirá 750.000 euros e Pontevedra 230.000 euros. Ambas as dúás incrementan a súa partida nun 25%
Hai anos, ver as cidades cheas de luces do Nadal era unha imaxe máis de película e doutros países. Pero, hoxe, esa maneira de vivir as festas baixo rúas iluminadas é algo habitual. Tamén en Galicia, onde ano tras ano aumentan os presupostos para estes alumeamentos.
Vigo, con doce millóns de lámparas e cun presuposto de 2,4 millós de euros, está no alto do podio. Pero non aumentou o presuposto respecto do ano pasado. O contrato, coa mesma empresa que as instala en Ourense, é de 9,5 millóns de euros repartidos en catro campañas, é dicir 2,4 millóns de euros por cada unha delas.
Na cidade olívica instalouse por primeira vez a árbore do Nadal en 2014. Medía 27 metros. Hoxe supera os 45 metros de altura. E pode ser unha metáfora do furor lumínico, do que foron medrando os presupustos dedicados ás famosas led.
Tampouco encarecerá a partida A Coruña, con 800.000 euros nin Compostela, que investirá 280.000 euros coma o oano pasado.
Si o fará Lugo, a cidade galega que máis o vai incrementar, concretamente un 60% máis ca en 2025. Ourense, cunha partida de 750.00 euros e Pontevedra, con 230.000, aumentan un 25% o seu investimento en luces led neste Nadal que está a mes e medio.
E a todo isto hai que engadir a Manolo Alonso que anda, despois dunha década, polas 320.000 luces led na súa casa de Camposancos.