Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional sen fianza para os catro detidos por roubos en vivendas de Vigo

Prisión provisional sen fianza para os catro detidos por roubos en vivendas de Vigo

Entende o maxistrado que deben ir ao cárcere pola reiteración delituosa e o risco de fuga
 

G24.gal 01/11/2026 18:18

O xuíz decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, para os catro detidos esta semana en Vigo como presuntos autores de varios roubos en vivendas, aos que tamén relacionan con supostos delitos de pertenza a grupo criminal e atentado contra axentes da autoridade.

Os catro detidos pasaron á disposición xudicial este domingo, cando o maxistrado da praza 4 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Vigo tomou a decisión de impoñerlles esta medida. Tres dos arrestros producíronse na tarde do xoves e o cuarto produciuse posteriormente debido a que, inicialmente, este último conseguiu fuxir.

No auto, segundo explican fontes do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG), o maxistrado explica que adopta esta medida debido á concorrencia, en grao alto, de risco de fuga, así como de reiteración delituosa e, en menor grao, polo risco de afectación a fontes de proba. 

As catro persoas foron detidas no barrio de Coruxo por feitos que poderían ser constitutivos de delitos de roubo con forza en casa habitada, pertenza a grupo criminal e atentado contra axentes da autoridade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade