Os encoros de Galicia-Costa están ao 44,7% de capacidade, un 14% menos que hai un ano
A situación dos encoros é mais favorable na demarcación do Miño-Sil, onde están por enriba do 55 % da súa capacidade
Son imaxes do primeiro de novembro no encoro de Eiras, que abastece de auga a Vigo e outros concellos limítirofes, entre eles Mos, O Porriño e Redondela. Está por debaixo do 41% da súa capacidade, un 9 por cento menos que hai un ano por estas datas.
"Nós que vivimos en Vigo e que vimos por aquí bastente a miúdo, nunca vimos o encoro desta maneira tan atroz, parece unha charca en vez dun encoro"
"Penso que este ano vai ser un desastre porque cada semana está máis baixo, moitísimo máis baixo"
Ante a escaseza de precipitacións, a Xunta declarou hai dúas semanas a situación de seca prolongada no conxunto da Demarcación Galicia Costa, onde os encoros están ao 44 por cento da súa capacidade, un 14 por cento menos que a esta mesma altura do ano pasado.
Con todo, a declaración de seca prologada non implica directamente restricións. Estas só lles afectan aos 32 concellos da demarcación que están en alerta, con límites nos usos non esenciais como regas ou piscinas.
A situación dos encoros é mais favorable na demarcación do Miño-Sil, onde están por riba do 55 % da súa capacidade.