Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cemiterios enchénse de flores no Día de Todos os Santos

Os cemiterios enchénse de flores no Día de Todos os Santos

Os galegos manteñen viva unha tradición que nos conecta cos seres queridos que xa non están

G24.gal 01/11/2026 14:33

Rosalía de Castro expresou o seu desexo de ser soterrada no cemiterio de Adina nun dos poemas de Follas Novas. Neste camposanto, situado tras a igrexa de Iria Flavia, unha das máis antigas de Galicia, o Día de Todos os Santos deixou un regueiro de flores e momentos íntimos, de lembranza e agarimo polos que faltan.

Os restos da escritora permaceron neste lugar ata o seu traslado ao Panteón de Galegos e Galegas Ilustres en 1891. Rosalía non comparte sepultura co seu marido, Manuel  Murguía, que descansa no cemiterio coruñés de Santo Amaro, lugar de memoria e homenaxe nun día no que quizais notamos máis o peso das ausencias.

 "Penso que é un modo de transmitir que a vida continua, que temos moito que facer e que as peroas que non están seguen estando aquí connosco e nos acompañan moito", di unha muller que entra en Santo Amaro cun ramo floral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade