Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cemiterios multiplican as visitas na véspera de Todos os Santos

Os cemiterios multiplican as visitas na véspera de Todos os Santos

Centos de persoas achéganse aos camposantos para repoñer as flores e limpar as lápidas dos seus seres queridos

G24.gal 31/10/2026 14:37

O murmurio dos visitantes e as cores das flores frescas recíbennos ao traspasar a porta bicentenaria do cemiterio coruñés de Santo Amaro. Estamos na véspera de Todos os Santos e nos corredores hai un constante ir e vir de persoas atarefadas en amañar as lápidas dos que marcharon.

"Mellor hoxe, porque mañá vai estar cheo de xente", explica un visitante.

Veñen na véspera da festividade, buscando o sosego habitual do camposanto, lugar de visita habitual ou ocasional, dependendo de a quen preguntes.

"Nos vimos todos os domingos, pero hai xente que non vén e nestas datas trae flores". "Lembrar, lembrámolos todos os días. Hoxe vimos porque é tradición, pero normalmente vimos cando nos apetece". "Eu veño sempre, non necesito que sexa este día, pero non me gusta que estean sen flores hoxe", comentan algunhas das persoas que se achegaron ao cemiterio de Santo Amaro.

Tradicionalmente, o crisantemo é a flor por excelencia de Todos os Santos, pero hoxe os cemiterios locen unha variedade floral moito máis diversa, símbolo de lembranza e respecto. A imaxe repítese nos camposantos e toda Galicia, que estes días amplían o seu horario de apertura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade