Aumentan as encargas nas empresas para preparar e limpar as sepulturas
O envellecemento da poboación e o despoboamento fan que cada vez sexa máis habitual contratar estes servizos
Ademais da limpeza ou mantemento das sepulturas, as empresas tamén se encargan de levar flores para cumprir coa tradición nestas datas
Achégase Fieis defuntos e a visita aos cemiterios é unha cita obrigada para moitos, pero a idade ou a distancia están a mudar os costumes.
Cada ano son máis os que acoden a unha empresa para limpar e preparar as sepulturas. Algúns porque xa non son quen de facelo e outros porque viven fóra, pero non queren deixar de cumprir coa tradición.
Terra Sacra é unha empresa que leva máis dunha década dedicada ao sector funerario. Dende hai tres anos decidiu incluír este servizo debido a crecente demanda.
Conta cunha ducia de traballadores e este mes non dan feito. Atenden ao redor duns doucentos encargos en distintos puntos da provincia de Ourense.
Limpan nichos ou sepulturas respectando as directrices de Patrimonio, xa que a maior parte dos camposantos, lembra o seu xerente, Dacio de Haro, contan con protección.