Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noites de luz e memoria no cemiterio de Bazar

Noites de luz e memoria no cemiterio de Bazar

Uns 200 leds aluman o cemiterio desta parroquia de Castro de Rei en homenaxe ás persoas defuntas

G24.gal 01/11/2026 20:29 Última actualización 01/11/2026 21:49

No cemiterio da parroquia de Bazar, en Castro de Rei, estanse a celebrar as noites de luz e memoria, un encontro para lembrar a memoria das persoas falecidas dun xeito diverso.

O campasanto queda iluminado durante toda a noite con 200 lámpadas led para acompañar as persoas defuntas. Tamén acenderon candeas e en comunidade homenaxearon os seres queridos. 

As luces acendéronse o sábado, este domingo e prenderanse de novo o luns. A iniciativa, promovida polo centro cultural Ignacio Rey Stolle, fíxose por primeira vez este ano pero tivo moi boa acollida entre a veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade