Publicador de contidos

Publicador de contidos

Allariz aposta polo Samaín como reclamo turístico

Allariz aposta polo Samaín como reclamo turístico

As rúas e prazas da vila están decoradas con cemiterios, procesións de ánimas, pantasmas, esqueletos, meigas e outros seres do máis alá, para recrear un ambiente de terror

Dende hai unha década a festa do Samaín acadou unha relevancia especial no calendario festeiro de Allariz, que atrae cada vez máis visitantes

G24.gal 01/11/2026 21:43

A paixón polo Samaín vai medrando en moitas vilas galegas, que estenden a ambientación das rúas máis alá da noite previa ao día de Santos. En lugares como Ribadavia ou Allariz, a decoración inspirada na morte e nas meigas converteuse xa nun reclamo turístico.

Hai xa unha década que a vila de Allariz apostou forte pola celebración do Samaín. Dende entón, rúas e prazas son ocupadas por cemiterios, túneles do terror, meigas, procesión de ánimas en pena..., todo co propósito de meter medo aos visitantes. Aínda que non sempre se consegue.

Ao longo da fin de semana desenvolvéronse actividades musicais, teatro e representacións co fío condutor da morte e os seres do máis alá que fan as delicias dos apaixoados polo Samaín e os seus derivados.

A decoración mantense ata o domingo como reclamo turístico propio, e con certo con éxito porque aínda de día as rúas estás cheas.

Xa de noite, coa iluminación pública, o pretendido impacto terrorífico semella menor, pero xa se sabe que o medo é libre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade