Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas amigas de Redondela montan unha espectacular decoración de Samaín

Dúas amigas de Redondela montan unha espectacular decoración de Samaín

O Samaín é unha tradición celta e o dos adornos terroríficos é unha importación da outra beira do Atlántico

G24.gal 27/10/2026 13:40

Achéganse datas sinaladas no calendario galego. Para os máis maiores: Defuntos. E para os mais novos: o Samaín. Xa vemos a decoración propia nos escaparates. Pero tamén en casas particulares.

É o caso dunha vivenda en Redondela, onde un bambán ten novo ocupante ata novembro.: unha pantasma. Esta é unha dos múltiples protagonistas da arrepiante posta en escena froito do esforzo e o maxín de dúas amigas de San Martín de Ventosela para darlles gusto aos fillos.

"Comezamos pensando en poñer catro monecos e ao final fóisenos un pouco das mans", conta Paula.

O Samaín é unha tradición celta. O dos adornos terroríficos é unha importación da outra beira do Atlántico. Pero hai anos que chegou para quedar. Paula e Bea dedicaron moitas horas de traballo ata que a decoración quedou ao seu gusto.

"Colocalo na parcela levounos cinco días", di Bea. 

"Os cativos queríano máis grande e nos animámonos", ratifica Paula.

Familiares e amigos, pero sobre todo os pequenos das casas, axudaron a transformar a parcela nun escenario que da medo.

"O que máis se ve son as pantasmas, as bruxas..., puxéronlles luces a todos os bonecos, de noite vese moi ben", di o pequeno Sergio.

E atención Vigo, porque estas amigas de Redondela xa están pensado na decoración de decembro. 

"Estamos xa dándolle voltas ao Nadal, e que se preparen, que vai haber moita luz".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos