A fotografía en papel e enmarcada reconquista espazo no fogar
Cobra cada vez un maior protagonismo como elemento de decoración
Dino os artesáns con décadas de oficio: na era dixital, a fotografía en papel volve ocupar un espazo destacado na decoración dos fogares.
"Fotos individualmente enmarcadas, cada unha co seu marco, e despois colgadas na parede. En vez de poñer un espello ou unha pintura cada día ponse máis iso", apunta Francisco Vilá, que está á fronte da tenda de marcos e molduras Guasch.
No mesmo sentido pronúnciase Alejandro Vila, de Lautrec Marcos e Molduras, ao sinalar que "a fotografía co papel gravado ou serigrafía é o que máis se enmarca".
Á hora de encadrar imaxes fotográficas, imponse a sinxeleza en deseños e formatos. Alejandro amosa un marco de aluminio de cor negra cun paspartú branco e explica como se coloca a fotografía que "vai sobre un cartón pluma e un cristal".
A súa dona, Fina Pena, que tamén traballa na tenda, encárgase de personalizar os marcos. Ela di que "as cores sempre as decide o cliente. Facemos as madeiras, os tamaños, os grosores e tamén os recortamos nós". Engade Francisco Vilá de Guasch que "non temos límite de tamaño nin de formato".
Sobresae tamén o gusto pola madeira natural para realzar o valor das instantáneas.
"Son xa non fotografías como eran antiguamente que eran fotos de mesa para a foto do pai ou así, agora son fotografías que fai un mesmo, pero que son máis artísticas", comenta Francisco.
Enmarcalas é un xeito de desfrutalas.